Inaugurando

O martes 16 de Decembro tivemos a nosa primeira sesión do clube de leitura "O conto de nunca acabar" sobre o libro de Mario Benedetti: Despistes y franquezas. Ese autor que tedes aquí ao lado, nunha das súas fotos máis coñecidas, uruguayo e prolífico autor de textos de poesía, teatro e narrativa.
Se a alguén lle interesa este autor, encontrades moita información na páxina do Cervantes. Alí hai desde a biografía, textos, gravacións...
Por unanimidade das persoas que alí estabamos, declaramos o conto Cleopatra o noso conto favorito. O final inesperado da historia da protagonista foi o que nos fixo escollelo ás lectoras. Tamén nos gustaron moitos outros, Larga distancia pareceunos desconcertante, tivemos diferentes opinións sobre a interpretación do final, o que sempre é moi interesante cando lemos algo. Algún como El puercoespín mimoso fíxonos moita gracia, sobre todo a Raquel, por iso de ser profesora de lingua e o protagonista do conto tamén. E tamén encontramos que algún, como Lejanísimos, demasiado complicado.


Parecéunos moi tenra a historia da serea e decidimos investigar sobre ela. Descubrimos que a pobre serea de Eriksen, situada en Copenhague, sufre todo tipo de desperfectos continuamente. Por iso, decidimos darlle esta homenaxe.

Para o Nadal, decidimos ler A pantasma de Canterville e outros contos, de Óscar Wilde.
Boas festas e boa lectura!

Entradas más recientes Inicio