Escuro Covadlo


Xa vedes: era para facer unha única entrada, pero, ao final, decanteime por non lle restar méritos a Lázaro Covadlo. Que vos pareceu? Humor negro, surrealismo en estado puro. Na contraportada da miña edición defíneno con acerto: "Vivir é atravesar un tenso aramio sobre o baleiro. Os personaxes destes relatos sábeno moi ben: como funambulistas sen rede miran cara abaixo sabendo que a cotidianeidade agocha un lado invisíbel e tenebroso. Pero, que outra cousa poden facer? Condicionados polas circunstancias, non teñen máis remedio que tratar de evitar a ameaza que supoñen os buratos negros".
Relatos como Honor al buen servicio o Nadie desaparece del todo, son auténticos paradigmas do absurdo. Cuando la tarde se inclina é en certa maneira unha pesquisa policíaca, pero a súa deriva final case o converte nun conto político. Mucho cuero fálanos da loucura, mentres que Nadie apagaba la luz nos remite ao clásico xénero de terror. Agora decídeme vós de que trata Agujeros negros...


"Un poeta pódeo soportar todo. O que equivale a dicir que un home o pode soportar todo: Pero non é verdade: son poucas as cousas que un home dá soportado. Soportar de verdade. Un poeta, en cambio, pódeo soportar todo. Con esta convicción crecemos. O primeiro enunciado é certo, pero conduce á ruína, á loucura, á morte". Velaí queda iso. Bolaño dixit. Este é o inicio dun dos contos integrados en Llamadas telefónicas. aínda que non é dos propostos para a súa lectura, nel albiscamos o compromiso que Bolaño ten coa literatura: insobornábel, incuestionábel. Supoño que xa comprobaríades que nos seus contos hai moitas referencias literarias (Sensini, Henri Simon Leprince, Una aventura literaria...) e tamén moitas claves autobiográficas (El Gusano, Detectives, Compañeros de celda...), pero, sobre todo, hai neles unha pegada propia, un estilo diferenciado que o converteu nestes últimos anos no autor latinoamericano favorito da xente nova.

Segunda reunión

Tendo en conta o éxito da segunda reunión (baixas do 20% e un 90% de non lectura), decidimos adiar a lectura de A pantasma de Canterville e outros contos para a seguinte.



Será o 6 de Febreiro, ás 4.30, e esperamos que esta vez o éxito sexa completo.


Para ese día, leremos mínimo as seguintes historias:
A pantasma de Canterville.
O crime de lord Arthur Saville.
O natalicio da infanta.
A esfinxe sen segredo ou O príncipe feliz.

Para ir familiarizándonos coa lectura e co autor, aquí vos queda esta foto de Óscar Wilde.

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio