Queremos saber

Si, queremos saber. Agora que se acaba o curso gostariamos de saber o que pensastes, que vos passou pola cabeza, que sentiche, como liche, que encontrache que non procurases ou que procurabas que non encontrache... Para axudarnos, responde este pequeno cuestionario nos comentarios. É suficiente con colocar o número da pergunta e a resposta ao lado.
Obrigados!!
  1. Por que decidiche que ías participar nunha actividade do clube de lectura do instituto?
  2. Sabías en que consistía un club de lectura?
  3. Axudouche a información que se proporcionou desde o instituto?
  4. Que expectativas tiñas antes de comezar?
  5. Cumpríronse as túas expectativas?
  6. Que opinas das obras propostas?
  7. Cal foi a que máis che gustou e por que?
  8. Cales dirías que son os aspectos positivos desta iniciativa?
  9. E os negativos?
  10. Que suxestións farías de cara a continuar o vindeiro curso?
  11. Outras propostas .

Murado e Jaeggy





Murado entra no club con paso temesiño. Ninguén daba un peso por el e, sen embargo, superou con nota a batalla. Até o momento, da literatura galega contemporánea, só Ferrín pasara con éxito a peneira dos nosos lectores. O club soubo apreciar o retrato verídico do horror instalado ás portas da nosa casa occidental.


Pero maior conmoción aínda causou esa atmosfera perigosa (de medo, segundo confesaban Adela e María) que aniña nos relatos de El temor del cielo. Sin destino: a nai que aborrece a súa filla. Los gemelos: incesto homosexual nunha sociedade de tanto benestar que incomoda. La vieja vanidosa: o virus do medo, como di Ismael Serrano na súa canción. Estes foron os relatos que máis nos gustaron e neles vimos sinais evidentes de literatura xermánica. Eu dixera na presentación da lectura que íamos asistir a unha maneira de narrar fría como un témpano de xeo, tremendamente lacónica, con frases breves traballadas até a extenuación... E así foi.





Que desastre! Case un mes sen volcar comentarios das dúas últimas reunións... A verdade é que non se dá feito. En fin hoxe traballo duplo. Comezo polo que lembro da sesión na que comentabamos as lecturas de Made in Galiza (Séchu Sende) e Pájaros de América (Lorrie Moore). Aínda bo foi que non convidamos a Séchu para que nos falase da súa obra, porque a valoración foi moi negativa. Non é cousa de seguir facendo sangue. Creo que só Chus e mais eu significamos que este tipo de literatura tamén é necesario, máxime nun contexto lingüístico como o noso. En canto aos relatos seleccionados de Lorrie Moore, estivemos de acordo en que, como Carver e Salter, indaga na soidade das parellas, nos desaxustes do desexo cotián, nos reversos tenebrosos que a enfermidade impón na vida... Sempre desde unha visión claramente feminina, móstranos unha vez máis o languidecer do soño americano. Que es más de lo que puedo decir de ciertas personas; Arre, borriquito, vamos a Belén; La agencia inmobiliaria; e Gente así es la única que hay por aquí: farfullar canónico en oncología pediátrica foron os relatos seleccionados. Sen dúbida o que máis impactou foi Gente..., do que Ramón soubo ver que é un volta de torniqueta a aquel outro de Carver (Parece una tontería): o conto de Moore é, se cabe, máis dolorosamente perverso, pois non indaga tanto no fenómeno da morte do fillo, senón que nos deixa a dor suspendida da enfermidade. Tamén apreciamos o humor negro presente en contos como Que es más..., (con esa estraña relación que manteñen nai e filla) ou en La agencia inmobiliaria (a casa das pragas). O conto americano brilla con luz propia.

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio