Mostrando entradas con la etiqueta grupo_1. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta grupo_1. Mostrar todas las entradas

Lavorare stanca

"Traballar cansa" dicía Cesare Pavese. Van alá catro sesións e esta é a primeira vez que volcamos comentarios. Parece que estivemos esperando a que nos confirmasen que íamos percibir a axuda (1200,00 euros) para poñernos as pilas. Nada máis lonxe da realidade. Pero o coordinador deste club vaise volvendo máis e máis preguiceiro. Este ano teredes que ser vós @s que levedes a voz cantante, porque se non...
Pasaron os espíritos de Rulfo. Asistimos á morte de Juan Preciado e á degradación de Pedro Páramo. Comprobamos como o estilo pode depurarse até as últimas consecuencias, nun exercicio constante de filtración.
Logo veu a sesión que titulamos "O horror": O corazón do negror (Joseph Conrad) e mais A estrada (Cormac McCarthy). O horror do colonialismo nos estertores do XIX, cun Kurtz alonxado xa de toda moral, e o horror despois do que, podemos entender, foi un desastre nuclear. Con Adela e María comentamos a dureza das imaxes que utiliza McCarthy e o erro que supón reducir esta novela ao ámbito do xénero da ciencia-ficción. Está claro que emprega resortes dese mundo, pero vai moito máis alá, afondando na intensa relación pai-fillo e sempre facendo uso dunha linguaxe seca e tremendamente próxima á poesía: “La carretera atravesaba un lodazal seco donde tubos de hielos sobresalían del fango congelado como estalagmitas. Restos de un fuego antiguo junto a la carretera. Más allá un largo paso elevado de hormigón. Un pantano muerto. Árboles muertos surgiendo del agua gris con colgajos de una turba gris y residual. Las salpicaduras de ceniza sedosa en el encintado. Se apoyó en el arenoso antepecho de hormigón. Tal vez en su destrucción sería posible ver cómo estaba hecho el mundo. Océanos, montañas. El fatigoso contraespectáculo de las cosas dejando de existir. La extensa tierra baldía, hidróptica y friamente secular. El silencio”. Ramón vaino ter como libro de cabeceira por moitos anos: emocionábase ao lembrar episodios. Parecía trasposto cando citaba a escena dos caníbales e comprometeunos a tod@s a asistir ao estreno da versión cinematográfica que protagoniza Viggo Mortensen ( por certo, tiña razón: estrénase o cindo de febreiro).
En canto a O corazón do negror, tivemos ocasión de contemplar como Marlon Brando facía unha auténtica recreación dos remorsos do coronel Kurtz na Apocalypse now de Coppola. As adaptacións cinematográficas non teñen por que ser excesivamente fieis ao orixinal literario. En ocasións abonda con que saiban meter a man na ferida aberta, como fai esta película coa guerra do Vietnam.
Aínda que tivemos o Nadal por medio para ler Fillos da medianoite, ningún dos integrantes se sentiu demasiado atraído polo novelón que relata o tortuoso camiño da independencia da India e Pakistán. O realismo máxico de Rushdie caíu en saco roto. Pouco nos importou que hai pouco fose elixida a mellor novela de entre todas as que gañaron o Booker Prize nos últimos corenta anos ou que o seu autor aínda siga condenado a morte polo integrismo islámico. Mesmo os que xa a léramos en tempos tivemos que recoñecer que non nos compracera tanto como daquela.
E entramos na última sesión. Decidimos adiantar a reflexión sobre literatura xermánica. A orixe de Thomas Bernhard e Mexillóns para cear de Birgit Vanderbeke. Un clásico e unha autora case descoñecida, unidos por un estilo no que a redundancia, os tímidos avances e as voltas atrás están á orde do día.
A orixe é un clásico do pesimismo. O suicidio como leit-motiv. A crítica feroz do nacional-socialismo e do catolicismo. A descrición despiadada da hipocrisía salzburguesa. Só se salva da queima o avó anarquista, aínda que con queimaduras de terceiro grao: el tampouco parece entender o odio do neto polo sistema escolar austriaco. E Bernhard non perdoa. Non deixa títere con cabeza.
En Mexillóns para cear a familia unida agarda a chegada do pai despois dunha viaxe de traballo. Nai e fillos sentan á mesa, festivamente preparada, ante montes e moreas de mexillóns. O pai retrásase. Non dá chegado. E nese momento comeza a agromar a verdade. Albíscase a revolta. E se teñen a sorte de que non volva a casa? Primeira reflexión: o libro non encaixa nunha colección de narrativa xuvenil (así o encadrou a editorial que reeditou o libro, La Galera). Segunda reflexión: María xa se puxo nerviosa desde as primeiras páxinas ao ver tantos mexillóns (é lóxico: os seus pais tamén os limpan xuntos). Terceira e última, por hoxe: Adela soubo rastrear a conexión coa novela da película Good Bye, Lenin.
En que lugar quedarán Blanco Amor e Ferrín na próxima sesión?

Queremos saber

Si, queremos saber. Agora que se acaba o curso gostariamos de saber o que pensastes, que vos passou pola cabeza, que sentiche, como liche, que encontrache que non procurases ou que procurabas que non encontrache... Para axudarnos, responde este pequeno cuestionario nos comentarios. É suficiente con colocar o número da pergunta e a resposta ao lado.
Obrigados!!
  1. Por que decidiche que ías participar nunha actividade do clube de lectura do instituto?
  2. Sabías en que consistía un club de lectura?
  3. Axudouche a información que se proporcionou desde o instituto?
  4. Que expectativas tiñas antes de comezar?
  5. Cumpríronse as túas expectativas?
  6. Que opinas das obras propostas?
  7. Cal foi a que máis che gustou e por que?
  8. Cales dirías que son os aspectos positivos desta iniciativa?
  9. E os negativos?
  10. Que suxestións farías de cara a continuar o vindeiro curso?
  11. Outras propostas .

Mudanza de datas

A reunión de lectura que tíñamos programada para o 2 de Marzo fica adiada para o día 17 do mesmo mes por problemas loxísticos.
Polo que lembrade, o martes 17 de Marzo, ás 4.30 horas, reunímonos na biblioteca María Mariño do IES Virxe do Mar para falar de Ángeles Mastretta e Isabel Allende.
Boas lecturas.

Mereceu a pena esperar, despois de darnos este longo prazo para facer a lectura, o resultado da reunión foi moito máis interesante.
Dos contos seleccionados houbo dous que nos gustaron especialmente, A esfinxe sen secreto polo misterio da personaxe principal, a fluidez na narración e o ambiente misterioso. Foi, sen dúbida, o noso preferido.
O outro foi A pantasma de Canterville. Pareceunos moi divertido, unha forma de tratar o mundo do sobrenatural con un humor ao que non estabamos afeitas. Alén diso, a linguaxe que parece sacada doutra época resultounos interesante, ainda que a algunha das lectoras lle pareceu un pouco rollo.
Aproveitamos que hoxe víramos unha obra de teatro baseada neste conto para descubrir todas as cousas da obra que non nos gustaron e as moitas do conto que si. Porque ao final, a obra non estaba mal pero deixounos un pouco decepcionadas.
Non quere dicir que os outros contos non nos gustasen, pero fixéronnos sufrir máis. O natalicio da infanta é unha historia moi cruel, contada con unha lixeireza que fai máis duro o final e O crime de lord Arthur Saville fíxonos desesperarnos un pouco por todo o que tardaban en pasar as cousas.
De forma global, podemos dicir que gostamos do libro. Pero como sempre, non só falamos deste libro, falamos da fantasía, dos seres imaxinarios, das diferencias entre ler un libro e ver a peli, do moito que nos gustan as edicións ben feitas... E de moito máis!

Para a próxima reunión, que será o 3 de Marzo, como sempre ás 16:30 na biblioteca María Mariño, vamos ler unha selección de contos de Cuentos de Eva Luna de Isabel Allende e Mujeres de ojos grandes de Ángeles Mastretta.

Isabel Allende.

A escritora Isabel Allende ten páxina oficial, polo que en vez de contarvos cousas sobre ela enviámosvos alí.

A súa literatura participa de moitas das características dese movimento coñecido como "realismo máxico", e senón o credes, vede o que di sobre os soños:

"Hay que darle importancia a los sueños, a las premoniciones, al instinto. Hay veces que, para mí, es más importante lo que soñé por la noche que lo que vi durante el día. Yo siempre he tenido esa especie de intuiciones, y tanto a mis hijos como a mis nietos, siempre los soñé antes de que nacieran."

Ángeles Mastretta.
Nunha entrevista que lle fixeron na revista Babab, Ángeles Mastretta dicia isto:

"Sólo los besos son más placenteros para los conversadores que las palabras, tal vez porque una conversación es lo más parecido a una historia de amor"

Esta cita di moito da súa paixón polas palabras, demostrada tanto nas súas novelas como nos libros de contos. Destes últimos, escollemos algúns do libro Mujeres de ojos grandes, unha verdadeira homenaxe ás mulleres que nalgún momento da súa vida saíron das normas e do que se esperaba delas.

Esperemos que os desfrutedes.


Segunda reunión

Tendo en conta o éxito da segunda reunión (baixas do 20% e un 90% de non lectura), decidimos adiar a lectura de A pantasma de Canterville e outros contos para a seguinte.



Será o 6 de Febreiro, ás 4.30, e esperamos que esta vez o éxito sexa completo.


Para ese día, leremos mínimo as seguintes historias:
A pantasma de Canterville.
O crime de lord Arthur Saville.
O natalicio da infanta.
A esfinxe sen segredo ou O príncipe feliz.

Para ir familiarizándonos coa lectura e co autor, aquí vos queda esta foto de Óscar Wilde.

Inaugurando

O martes 16 de Decembro tivemos a nosa primeira sesión do clube de leitura "O conto de nunca acabar" sobre o libro de Mario Benedetti: Despistes y franquezas. Ese autor que tedes aquí ao lado, nunha das súas fotos máis coñecidas, uruguayo e prolífico autor de textos de poesía, teatro e narrativa.
Se a alguén lle interesa este autor, encontrades moita información na páxina do Cervantes. Alí hai desde a biografía, textos, gravacións...
Por unanimidade das persoas que alí estabamos, declaramos o conto Cleopatra o noso conto favorito. O final inesperado da historia da protagonista foi o que nos fixo escollelo ás lectoras. Tamén nos gustaron moitos outros, Larga distancia pareceunos desconcertante, tivemos diferentes opinións sobre a interpretación do final, o que sempre é moi interesante cando lemos algo. Algún como El puercoespín mimoso fíxonos moita gracia, sobre todo a Raquel, por iso de ser profesora de lingua e o protagonista do conto tamén. E tamén encontramos que algún, como Lejanísimos, demasiado complicado.


Parecéunos moi tenra a historia da serea e decidimos investigar sobre ela. Descubrimos que a pobre serea de Eriksen, situada en Copenhague, sufre todo tipo de desperfectos continuamente. Por iso, decidimos darlle esta homenaxe.

Para o Nadal, decidimos ler A pantasma de Canterville e outros contos, de Óscar Wilde.
Boas festas e boa lectura!

Inicio