Mima! Hoxe foi un non-parar. Utilizamos ao pobre Manolo Rivas como chivo expiatorio das nosas teimas particulares. Chus e mais eu tentamos unha tímida defensa, pero vímonos desde o primeiro momento superados polo "ardor guerreiro" d@s demais. Cubrimos o expediente comentando aqueles relatos que máis nos gustaran (ou que menos nos desgustaran) e pasamos ao que foi o cerne da reunión: unha longa disquisición sobre o mercadeo editorial, os intríngulis dos best-sellers, o tedioso das lecturas escolares, a ausencia dos clásicos nas recomendacións do profesorado, a tendencia xeral a se acomodar na literatura xuvenil (ou mesmo infantil)... En fin, non deixamos títere con cabeza. E, aínda que mantemos a Torga e Ferrín como próximas lecturas, decidimos incorporar o relato A última noite de James Salter e tamén vou engadir Os cans de Tesalónica de Kjell Askildsen, por probar se estes autores conectan co universo do noso club.

1 comentarios:

Non sei se é así como teño que facer. Quixera comentar que onte comecei a ler "bichos" e só vexo similitudes entre eles e nos. Se estivesen dotados da capacidade de falar que Torga lles confire, ¿que é o que nos diferenciaría?

13 de febrero de 2009, 9:21  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio